Proxectos formativos adaptados e impartidos en centros propios ou aulas itinerantes
Sociser entende a formación como unha ferramenta de carácter transversal que permite dar resposta ás necesidades específicas dos distintos colectivos sociais, facilitando a súa inserción ou mellora laboral e, con isto, a súa integración social.
Para iso a compañía desenvolve, a través de Coesco, proxectos formativos adaptados tanto ás necesidades de cada colectivo e de cada administración ou entidade prestadora, como ás novas esixencias dos mercados. Ademais, implementa itinerarios formativos encamiñados á obtención dos distintos certificados de profesionalidade e desenvolve programas específicos de formación no ámbito dos servizos á comunidade
E o fai como centro acreditado por distintos organismos públicos, cun sistema de calidade implantado e auditado e coa capacidade de impartir formación adaptada alí onde se precise: en centros propios ou a través de aulas itinerantes.
Proxectos e itinerarios formativos
- Xestión integral da formación para o emprego
- Formación continua bonificada
- Obtención de certificados de profesionalidade
- Cualificación de novos perfís profesionais
- Carnés profesionais dos sectores da construción, o metal, vidro e rotulación, e madeira
- Certificado de aptitude profesional para o transporte (CAP)
- Prevención de riscos laborais
- Formación en nutrición
- Formación en elaboración na industria alimentaria
- Formación en manipulación de Alimentos e Seguridade Alimentaria (APPCC)…
Formación específica no ámbito dos servizos á comunidade
- Formación especializada a profesionais e institucións
- Formación de formadores e orientadores
- Formación de monitores e coidadores
- Formación ao voluntariado
- Escola de tempo libre: monitores, animadores,…