Skip to content

Atención á dependencia

Prestamos servizos específicos, subministrados por profesionais e dotados de recursos especializados

Coa aprobación en 2006 da denominada “Lei de Dependencia” incorpórase o recoñecemento de dereitos con garantía de asistencia profesional, dado que a atención ás persoas con algún tipo de dependencia non sempre pode ser asumida en exclusividade polas familias. É neste contexto onde cobra toda a súa importancia a prestación de servizos específicos subministrados por profesionais e dotados de recursos especializados.

Son precisamente estes os valores que, xunto ao enfoque integral e a calidade dos nosos servizos, converten a nosa compañía nunha garantía na atención á dependencia, non só na axuda no fogar, senón tamén no conxunto de programas complementarios que se desenvolven neste ámbito de actuación. Así, proporcionamos resposta profesionalizada a todo un amplo abano de servizos, o que facilita non só a prestación especializada de cada un deles, senón tamén a xeración de sinerxías entre si. Dende este enfoque global perseguimos sempre un único obxectivo: facilitar a vida das persoas.

PRECISAS MÁIS INFORMARCIÓN?