Favorecemos a participación activa dos nosos maiores con distintos programas de actuación
En Sociser traballamos dende o convencemento e o coñecemento de que o proceso de envellecemento debe ser entendido como un ciclo máis de crecemento persoal, concepción que permite aos nosos maiores desenvolver todo o seu potencial de benestar físico, emocional e social, ralentizando os procesos de dependencia e preservando ou mesmo mellorando a súa calidade de vida.
No marco desta clara aposta polo envellecemento activo, desenvolvemos un amplo abano de programas específicos que pivotan sobre un triplo eixo de actuación: o ocio e o tempo libre, a prevención e a recuperación funcional.
Trátase de incrementar a independencia das persoas maiores, si, pero tamén de acadar a súa óptima integración social. Porque, seguramente, o reto pasa agora por abrir a vellez á sociedade, por favorecer a participación activa dos nosos maiores e por poñer en valor a súa achega en todos os ámbitos sociais.
Ocio e tempo libre
Programas de animación terapéutica
- Actividades socioculturais
- Manualidades e artesanía
- Técnicas de recursos motrices e expresión corporal
- Dinámicas de grupo
- Musicoterapia, risoterapia
- Relaxación…
Programas de formación adaptados
- Preparación para a xubilación
- Acceso aos novos medio dixitais
- Voluntariado activo…
Prevención e recuperación funcional
Programas de recuperación funcional
- Xerontoximnasia
- Talleres de memoria
- Intervención no deterioro cognitivo
- Deporte adaptado…
Programas específicos de prevención e sensibilización
- Promoción da saúde
- Orientación cara ao autocoidado
- Prevención da dependencia
- Dietética e nutrición saudables
- Prevención de riscos no fogar
- Demencias e Alzheimer…