Programas específicos dirixidos ao menor e que favorecen a conciliación familiar e laboral
Sempre dende o enfoque integral co que desenvolvemos a nosa actividade, en Sociser tamén ofrecemos atención profesionalizada ás familias, fundamentalmente no ámbito local, por ser este o seu contorno máis inmediato.
Neste marco, cobra especial relevancia o Proxecto Aldebarán, a través do que desenvolvemos diferentes plans de actuación enfocados aos menores e ás familias, con programas específicos fóra do fogar ou coa atención domiciliaria dos máis pequenos. Procuramos así a conciliación de traballo, familia e formación no marco dun plan socioeducativo máis amplo, ao tempo que damos resposta ás novas necesidades de ocio e tempo libre.
Programas de conciliación e servizos complementarios
Programación de actividades para a época de vacacións escolares
- Campamentos de verán e urbanos
- Obradoiros e talleres temáticos
Servizo asistencial e educativo co que se atenden as necesidades específicas tanto de familias como de centros escolares
- Actividades extraescolares e ludotecas
- Apoio educativo
- Talleres de reforzo e obradoiros de idiomas
- Aulas abertas de novas tecnoloxías
- Almorzos, xantares e merendas saudables
- Atención domiciliaria dos nenos…
Programas de actividades de información e asesoramento xuvenil
Plans específicos adaptados segundo a idade dos destinatarios
- Educación para a saúde
- Comunicación e conflitividade
- Promoción da igualdade
- Integración de colectivos específicos
- Orientación e asesoramento de formación
- Saídas profesionais e inserción laboral…
Programas para colectivos específicos
Plans adaptados ás necesidades de distintos colectivos sociais
- Escola de nais e pais
- Integración social de colectivos en risco de exclusión
- Alfabetización en linguas propias
- Orientación e asesoramento laboral…
Programas de formación adaptados
- Preparación para a xubilación
- Acceso aos novos medio dixitais
- Voluntariado activo…
Programas de ocio interxeracional
Programación de actividades de cooperación, interacción e intercambio entre persoas de distintas xeracións (nenos / avós / adolescentes…)